ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
6 xogadores e o adestrador de Ares. Eses son os números da Sociedade Deportiva Barallobre. Por iso convírtese en especial o partido desta semana da Segunda Autonómica de fútbol que enfrontan ao Numancia de Ares e ao Barallobre.
O partido entre o Numancia e o Barallobre adiantase para as catro e media da tarde do sábado no campo de cesped artificial de Prados Vellos. O Numancia é un rival da zona, e por iso o partido viviráse como un derby, segundo apunta o adestrador do Barallobre Agustín Fernandez.
O Barallobre adestrará esta tarde no campo do Ramo. Para o partido de mañá sábado Agustín contará coas baixas de Jorge por lesión e de Pablo por sanción. O Barallobre é cuarto na clasificación con 42 puntos. O Numancia ocupa a novena posición con 31.