ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Obradoiro Literario de Fene leva 10 anos reunindo a xentes amantes da lectura e da escritura. O seu director volverá a ser o escritor, Eduardo Estévez. Nesta edición retomarán as visitas de recoñecidos escritores.
No obradoiro literario de Fene hai persoas que aprenden a escribir e outras que aprenden a ser mellores lectores, segundo o seu monitor, Eduardo Estévez. Aquí participa, dende xente moi nova - chegou a haber nenos de 12 anos- a xente moi maior, con formación de todo tipo pero con algo común, o amor pola literatura. Neste curso que está a piques de empezar, retomaranse as visitas de escritores. Yolanda Castaño e Xavier Alcalá serán dos primeiros.
Dispón dun máximo de 22 prazas. Poden aínda os interesados matricularse ata o xoves dia 7 de outubro. O Obradoiro pónse a andar o venres 15 na Casa da Cultura fenesa, sempre en venres , de 17,30 a 19,30 horas.
Tamén no primeiro trimestre do curso, de outubro a Decembro, celebraránse catro obradoiros de “alfabetización informática” dirixidos á poboación adulta (dous de nivel básico e outros dous de nivel medio). O prazo de inscrición para estas actividades esta aberto ata o 8 de outubro nas dependencias administrativas do Departamento de Cultura (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita), en horario de 9:30h. a 13:30h. O mércores día 6, tamén en horario de tarde, de 16:30h. a 18:30h. Hai 10 prazas por cada obradoiro.