O Ortigueira queda segundo pero tamén é campeón

O Ortigueira queda segundo pero tamén é campeón

10 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Ortigueira tamén foi campeón nesta competida da Segunda Autonómica.Non puido gañar no último partido da Liga ao Galicia de Mugardos B, non deu alcanzado ao Eume Deportivo e non logrou o ascenso de categoría. Pero foi igualmente campeón, porque cun equipo formado de xeito integro con xoves da localidade competiu con equipos de soleira e tradición. O Ortigueira soubo medrar como equipo, amosou frescura no seu xogo e gañou en autoestima.

A xunta directiva, o adestrador, os xogadores e a afición do Ortigueira poden igualmente celebralo e comezar con ánimo a Copa da ría que se inicia o vindeiro domingo dia 17. O técnico ortegano Washington Ferrer felicitou en Radiofusión ao Eume Deportivo polo liderato e polo ascenso conseguido.

 

Sociedade