O outlet abrese este fin de semana en Santa Icia

O outlet abrese este fin de semana en Santa Icia

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O outlet chega a Narón. Esta tarde ás oito inaugurase no polideportivo de Santa Icia unha feira de oportunidades. Roupa, calzado e complementos soen ser as adquisicións máis habituais nestes eventos comerciais que despertan a febre dos consumidores. Organiza a Asociación de Empresarias de Ferrol e comarca e participan 29 establecementos.

Os outlet normalmente facilitan oportunidades de mercar prendas de marca a bó prezo, ainda que non sexan da última moda. Os consumidores optan por mercarse "básicos" de boa calidade, dos que sempre están "de moda". O fenómeno dos outlet chegou á península a finais dos anos 90. Nas grandes cidades instálanse este tipo de centros comerciais con carácter permanente. En Galicia, en Allariz funciona un outlet aberto, con moito éxito de público e vendas.

 

O outlet de Narón permanecerá aberto os dias 6 e 7 de marzo en horario comercial (10-14 horas e 16-21 h.) no polideportivo de Santa Icia.  A entrada é gratuita.

Sociedade