O Outono de Cine acolleu a máis de 1.500 espectadores

O Outono de Cine acolleu a máis de 1.500 espectadores

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A curtametraxe “Galicia 2098” e o filme “Fahrenheit 451”, que se proxectarán no cine Duplex de Ferrol o vindeiro mércores día 16 ás oito e media da tarde, pecharán o ciclo “Outono de Cine” promovido polo Concello de Ferrol en colaboración coa Universidade de A Coruña. O ciclo que ten carácter gratuito recibiu durante o último trimestre máis de 1.500 espectadores. No mes de xaneiro retomaráse a

A curtametraxe de ficción “Galicia 2098”, está dirixida por unha das promesas do audiovisual galego Edu Lavandeira e situada na Galicia do futuro: a do ano 2098. A continuación proxectarase  en versión orixinal a longametraxe británica “Farenheit 451”, do director François Truffaut, tamén de ciencia ficción.

A responsable das políticas culturais municipais, Mercedes Carbajales, valorou a resposta obtida nestes meses de outubro, novembro e decembro polos cidadáns, que avalan o  éxito deste ciclo de cine. Esta actividade, aposta por un cine de calidade e alternativo ao que se exhibe nas salas comerciais e pretende potenciar e dar a coñecer os traballos de cineastas galegos que atopan neste ciclo unha oportunidade para exhibir as súas producións.

Neste senso, o director do ciclo, Rubén Coca, destacou que dende ahi case dous anos, a selección de clásicos e películas de vangarda conseguiu que a Sala 2 dos Dúplex lembre no espíritu e bullicio a certas escenas dos anos 80 xa case esquencidas, coa sala chea para ver filmes doutras épocas. Unha programación que facilitou neste último trimestre do ano o acceso a un cine imposible de atopar nas salas comerciais cunha lista de títulos entre os que destacaron traballos de Coppola, Mankiewicz, Capra ou Truffaut, combinados con títulos de autores contemporáneos como Gaspar Noé ou Michael Winterbottom. “El crepúsculo de los dioses”, “Juno”, “Rebeldes”, “Gatacca” ou “2001: Una Odisea en el espacio” foron algúns dos filmes que se pudieron.

Mercedes Carbajales, avanzou que esta programación de cine  terá  continuidade a partir do mes de xaneiro dando paso a “Inverno de Cine”  con novas proxeccións que agardan manter o éxito e afluencia acadados ata o momento, desstacando ao mesmo tempo o seu compoñente social, que vén dado polo feito de que as longametraxes proxectadas, ao ser en versión orixinal, poden ser vistas polas persoas xordas.

Cultura