ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O cambio climático afectará a todas as persoas de todos os países de todos os continentes dalgunha forma. Sábeo ben a xente de Valencia. Avecíñase un cataclismo climático e non estamos preparados para as posibles consecuencias.
O cambio climático débese ás actividades humanas e ameaza a vida na Terra tal como a temos coñecido. Co aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro, o cambio climático evoluciona a un ritmo moito máis rápido do previsto. Os seus efectos poden ser devastadores e poden provocar fenómenos meteorolóxicos extremos e cambiantes, así como a subida do nivel do mar.
Por iso a Comisión Europea estableceu, en 2019, O Pacto Verde Europeo, un conxunto de propostas para facer de Europa o primeiro continente climáticamente neutro en 2050, impulsando a economía, mellorando a saúde e a calidade de vida dos cidadáns, protexendo a natureza e non deixando a ninguén atrás.
O Pacto Verde Europeo aumentará o benestar e mellorará a saúde dos cidadáns e das xeracións futuras. Neste episodio de “Empeza por ti” a directora do centro Europa Direct da Deputación da Coruña, Cristina Couto, preséntanos este importante acordo europeo de compromiso climático.
É crucial tomar medidas urxentes e transformadoras que vaian máis aló de meros plans e promesas. Isto esixe aumentar as ambicións, abarcar economías enteiras e avanzar cara a un desenvolvemento resiliente ao clima, á vez que se traza unha traxectoria clara para lograr cero emisións netas.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Publica o teu comentario agora