ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Barallobre é a única parróquia de Fene, xunto con Maniños, que ainda conserva en pé o seu palco de orquestra. Poucas veces se utiliza, ainda que a Liga de Amigos de Barallobre conservao ben pintado e decorado con murais realizados por nenos e nenas da zona. O palco mira frente a frente o local da entidade coa sapiencia que lle da ter visto bailar moitas parellas, contemplado moitos enamoramentos e quizais tamén presenciado algún que outro desacordo. Pero o pa
O 1 de marzo de 1951 os membros da comisión de festas de Barallobre constituien o Circulo Cultural Recreativo e Deportivo de Barallobre, e solicitan a oportuna autorización ao Goberno civil. Poucos anos máis tarde, en 1954 outro grupo de veciños solicitan autorización para constituir a Liga de Amigos de Barallobre coa pretensión de adquirir un campo para a festa. Presidirá a entidade José Cernada actuando como secretario o escritor e poeta Xosé María Pérez Parallé. Sortearon toda unha serie de dificultades que poñía a dictadura franquista para constituir calquera tipo de entidade. Finalmente lograron pasar as trabas legais e darlle forma legal á adquisición do campo da festa da parróquia.