O pan de Neda é bon

O pan de Neda é bon
05 de Agosto, 2026 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

"O pan de Neda é bon, pero mellor con xamón". O refrán está impregnado de retranca, pero en calquera caso fala da sona do pan de Neda, elaborado nos numerosos fornos da localidade que falan das cualidades da auga do río Belelle e dunha tradición que se remonta ao século XVI cando Felipe II decidiu asentar en Neda as Reais Fábricas e Fornos de Provisión para abastecer á Armada. O monarca (1527-1598) tamén dicia ante a carencia de persoal especializado nos estaleiros, "que traigan os calafates de Bizkaia".

Xa hai cartaz oficial para a XXXVI Festa do Pan de Neda que, como sempre, se celebrará na contorna do albergue de Xuvia o primeiro domingo de setembro (día 6). O Concello mantén a estela das últimas edicións e confía, por cuarto ano consecutivo, ao deseñador gráfico “Juanlu Nacha” a imaxe para promocionar a emblemática cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Responsables das panaderías que estarán participarán este ano con postos de venda–La Gallega; Panificadora Germán e Paca Castro- veñen de presentar, xunto co alcalde, Ángel Alvariño, e máis a concelleira de Cultura e Turismo, Marián Bello, o novo póster do ferrolán Juan Luis Fernández (“Juanlu Nacha”).

Nesta ocasión, o deseño pon o foco na figura dos auténticos artífices da sona do noso pan, os panadeiros e panadeiras, moitos deles con tradición familiar, que sosteñen co seu esforzo un sector estratéxico na economía local. Ademais, apunta á variedade da produción que sae dos fornos do municipio e chega aos fogares de toda a comarca.

Durante as próximas semanas, o Concello debullará a programación especial da festa, destinada a promocionar a variedade e calidade do produto estrela da gastronomía da localidade. Unha cita que conta co apoio da Deputación da Coruña, Turismo de Galicia e Abanca.

Sociedade

Publica o teu comentario agora