O panettone de Martínez

Os doces de Nadal invaden a pastelería fenesa
11 de Decembro, 2020 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Nadal chegou á pastelería Martínez de Fene onde cada ano se esmeran na elaboración dos doces navideños. Este ano o panettone é a novidade e o seu tronco de Nadal segue a ser a estrela.

ESCOITA O PODCAST:

Os doces sempre supuxeron un alivio ante calquer adversidade. Estamos diante dun Nadal atípico, raro, pero seguro que todos os inconvenientes se poden compensar cunha boa sobremesa, por iso quixemos hoxe visitar a pastelería Martínez, na rúa dos Mirtos de Fene onde se esmeran cada ano en ofrecernos doces novos e de novos sabores nestas datas especiais. María Brage cóntanos que este ano a novidade de Nadal en pastelería Martínez son os panettone artesanais, moi esponxosos e moi diferentes aos industriais. Continúan a elaborar pastas e turróns artesanais de diferentes sabores e os seus troncos de Nadal que teñen moita sona. Este ano renovan sabores nestes troncos e ofertan un delicioso que leva cacahuetes.

Os turróns fabrícanse continuamente e soe habelos nestes dias pero o tronco é necesario encargalo con tempo suficiente porque ten unha elaboración complexa e precisa tempo. Na pastelería Martínez destaca cada ano por estas datas o seu escaparate. A decoración navideña retrasouse este ano e será esta tarde cando se poñan man á obra para decóralo como deus manda. No interior traballase máis a gusto desde que afrontaron unha reforma do establecemento. “Os clientes felicitáronos polas novas instalacións” afirma María, contenta por ter máis espazo e luminosidade onde seguir traballando tan ben como ata agora.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora