ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Parlamento galego aprobou esta mañá unha declaración institucional mediante a cal se suma á petición de indulto para as traballadoras da piscina de Montecelo (Pontevedra) acusadas dun delito contra os dereitos dos traballadores. Ambas as dúas foron condenadas a tres anos de cadea pola Audiencia Provincial.Ana Outerelo e Tamara Vidal participaron o oito de febreiro de 2010 nunha xornada de protesta pola mellora do convenio colectivo. Xunto cun cento de empregad
A Cámara insta na súa declaración ao Consello de Ministr@s a conceder a "medida de graza" --un indulto parcial-- para "evitar o seu ingreso en prisión". Da mesma maneira o pleno do Concello de Pontevedra --co apoio de todas as forzas con representación-- tamén se sumou á petición que reclama a medida de graza para as dúas traballadoras.
O lexislativo xa solicitara o indulto tamén para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez que ao igual que Tamara Vidal e Ana María González están a piques de entrar en prisión acusad@s do mesmo delito. No seu caso os feitos que foron xulgad@s pola Audiencia Provincial de Pontevedra reférense á folga desenvolvida polo sector do transporte en 2008.
A vindeira segunda feira (30 de xuño) CIG, CC.OO e UGT convocan mobilizacións en todo o país para exixiren o indulto destes dous operarios baixo o lema "defender os dereitos da clase traballadora non é delito".
HORAS E LUGARES
A Coruña: 30 de xuño ás 20:00 na Casa do Mar
Ferrol: 30 de xuño ás 20:00 na Praza de España
Compostela: 30 de xuño ás 20:00 na Praza de Galiza
Ribeira: 30 de xuño ás 20:00 na Praza do Concello
Lugo: 30 de xuño ás 20:00 na Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
Viveiro: 30 de xuño ás 12:30 nos Xulgados
Monforte: 30 de xuño ás 20:00 nos Xulgados
Ourense: 30 de xuño ás 20:00 no Pavillón dos Remedios
Pontevedra: 30 de xuño ás 20:30 na Praza da Peregrina
Vilagarcía: 30 de xuño ás 20:30 na Casa do Mar
Vigo: 30 de xuño ás 20:00 na Vía Norte