ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dende xullo de 2017 o barómetro do CIS é reiterativo, pois sitúa como principal problema da poboación española o desemprego (65%) e moi lonxe temas como a corrupción (31,6%) os políticos (27%) ou a crise económica ((23,4%). No barómetro de outubro, segue sendo o paro o principal problema para o 56% da cidadanía. Non aparece nin o reto demográfico nin o avellentamento.
Segundo a socióloga Antía Pérez Caramés, o pensamento neoliberal atopa no declive da poboación e no avellentamento soportes argumentais para construír un discurso demográfico que pasa polos recortes dos dereitos sociais e o fomento da privatización dos servizos públicos. A demografía “apocalíptica” predica a volta ao vello natalismo nas políticas públicas. É unha maneira de achacar o “atraso económico” á estrutura demográfica.
Fronte a esta teoría, outros teóricos engaden os movementos migratorios como un factor que, ademais do incremento da esperanza de vida e da caída da fecundidade, tamén inflúe no proceso de avellentamento.
Publica o teu comentario agora