O paro e o emprego

O paro e o emprego

24 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O número de parados reduciuse en 72.800 persoas durante o terceiro trimestre, co que o total de persoas sen traballo en España situouse en 5,9 millóns, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa que publicou esta mañá o INE. O emprego, pola súa banda, avanza en 39.500 persoas grazas aos contratos temporais.O que quere dicir que pouco máis da metade dos que abandonan as listas de desemprego, atopan traballo sen ter que emigrar. Os restantes, ou

Con esta evolución, a taxa de paro baixou lixeiramente, até o 25,98% desde as marcas que marcou ao comezo do ano, o que en calquera caso segue sendo un nivel que non se coñecía até o estalido desta crise.

O descenso do paro, que baixa por segundo trimestre consecutivo, explícase polo avance do emprego temporal, xa que se reduce o número de indefinidos. En concreto, o total de asalariados con contrato indefinido baixa en 146.300 e o de asalariados con contrato temporal increméntase en 169.500. Así mesmo, só aumenta a ocupación nos servizos, mentres retrocede no resto de sectores.

Sociedade