O parque de educación viaria debe potenciarse

O parque de educación viaria debe potenciarse
13 de Outubro, 2022 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

O parque de educación viaria de Barallobre debe potenciarse, segundo indica o PSOE de Fene. Para a edil socialista Mar Piñeiro, a rapazada necesita concienciarse sobre os temas de tráfico e de mobilidade. Hai un parque cun entorno estupendo e precísase poñelo en valor cun programa de actividades. 

ESCOITA O PODCAST:

A Policía local pode interaccionar cos colexios con temas como a utilización dos patinetes ou as novas limitacións de velocidade a trinta quilómetros nas contornas urbanas, segundo Piñeiro. 

Institucional

Publica o teu comentario agora