O parque empresarial de Arzúa disporá do servizo de internet de banda larga desde o martes

O parque empresarial de Arzúa disporá do servizo de internet de banda larga desde o martes

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A partir do día 2 de marzo de 2010, a infraestrutura instalada no parque empresarial de Arzúa para dotar ao recinto do servizo de acceso á Internet de banda larga sen fíos pasa a estar operativa. A partir desa data os empresarios poderán contratar o servizo de telecomunicacións de banda larga, teléfono e internet, coa empresa

A instalación desta infraestrutura no polígono industrial de Arzúa foi posible grazas á sinatura dun convenio, que se subscribiu o 1 de xaneiro de 2009, entre o Concello de Arzúa e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente da Consellería de Innovación e Industria, do anterior goberno bipartito. Co fin de levar a cabo dita instalación dende o Concello púxose a disposición da citada Fundación un espazo de 7x5 metros nunha parcela do parque empresarial, na que se situou a antena que permite a prestación deste servizo.

A partir deste martes o servizo que a operadora R ofrecerá a todos os empresarios que decidan contratar as súas prestacións basearanse no acceso á rede telefónica e a internet a través de wimax, en banda ancha e cunha capacidade de 6 megas. É posible que a capacidade do servizo alcance as vivendas máis próximas ao parque empresarial, polo que dende o Concello informan que se algún veciño quixera facerse coas prestacións deste servizo deberá pórse en contacto coa empresa que o comercializa, a operadora R, que será a encargada de determinar a zona de alcance da sinal.

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, facíase eco esta mañá da noticia e sinalaba ao fío que “se trata dunha importante prestación que vai contribuír, sen dúbida, a que as empresas do polígono dispoñan dunha ferramenta idónea e con garantías de cara a poder ofrecer un mellor servizo”.

Sociedade