O parque lineal do río Cádavo, arteria verde do casco urbano de Fene

O parque lineal do río Cádavo, arteria verde do casco urbano de Fene

15 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Os ameneiros abundan no Parque Lineal do Río Cádavo, espazo proxectado como unha arteria verde do municipio de Fene, aproveitando as marxes dun regato que avanza paseniño cara á ribeira. Coa construción do parque lineal recuperouse un espazo abandonado.

Deseñado a carón dun muíño, aínda conserva a presa, o cubo e a canle do desagüe que crea unha pequena illa dentro do propio parque. Neste espazo de esparcemento atópase o Monumento á Patria Galega. No parque, ubicado na parroquia de Fene, existe unha alineación de ameneiros e algún bidueiro na zona de xogos. Destaca, sobre todo, a serie de pérgolas da entrada que soportan unhas glicíneas trepadoras de cores blancas e lilas. Ademais outras especies engalanan o lugar: un par de camelias, maciñeiras e algunha feixoa. Atravesando a Estrada da Fraga álzanse dous exemplares de Erythrina crista-galli (ceibo), unha árbore propia de Sudamérica que se atopa agora en plena floración.

Sociedade