O Parrulo recibirá ao Leis de Pontevedra o sábado 28

O Parrulo recibirá ao Leis de Pontevedra o sábado 28

18 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Parrulo viaxa este sábado a León para enfrontarse ao Puertas Deyma no novo polideportivo de Trobajo del Camino. O equipo ferrolán é terceiro na clasificación con 48 puntos, a 3 puntos do lider o Avilés, pero cun partido menos.

O goleador Pana pasará esta tarde consulta co doutor Arriaza para coñecer o alcance das molestias que ven padecendo na perna dereita. O adestrador Mario Cabo non poderá contar tampouco con Chotto que continua coa súa recuperación. O Puertas Deyma figura na undécima posición con 24 puntos. Logrou empatar co lider o Avilés, e ven de fichar un novo xogador que lle está a dar resultado.

Por outra banda, ven de fixarse o partido suspendido semanas atrás polo mal estado do pavillón da Malata. O encontro entre O Parrulo e o Leis de Pontedeume xogaráse o sábado 28 ás seis da tarde. Aproveitaráse así o parón da competición causado pola Copa de España.

Deportes