O Partido Blanco de Negreira, a alternativa encabezada por José Blanco

O Partido Blanco de Negreira, a alternativa encabezada por José Blanco

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O ex alcalde de Negreira, José Blanco Pazos  volve á carga e anuncia a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 2011. Encabezará as listas do Partido Blanco de Negreira despois da súa marcha das filas do Partido Popular ofendido polo trato recibido dos seus cargos. O 7 de agosto presentarase por todo o alto cun xantar de balde na que convidará a dúas persoas por familia. Perto de 2.500 veciños/as de Negreira serán co

O xulgado de Negreira será obxecto de melloras ao longo deste ano. As obras dirixiranse a súa rehabilitación, mantemento e á reparación de humidades e saneamento do forxado sanitario entre a pranta-soto e os cimentos. Ademais instalarase un sistema de alarta e revisaranse os sistemas para detectar incendios. Uns traballos cun investimento que ascende aos 76 mil euros. Paradoxicamente trátase dun edificio novo construido hai catro anos. A humidade está a estragar os papeis do arquivo ubicado no soto do edificio.

Negreira vive esta fin de semana unas xornadas festivas. Celébrase a XVIII Edición do Día da Muiñeira e a XIV Concurso Folclórico de Negreira. A primeira celebración terá lugar este domingo, as 6 da tarde, na Praza do Concello. Unha cita consagrada e  interesante para os que gosten do baile tradicional. Concurrirán á mesma organización folclóricas e de baile de distintos zonas, como da Costa da Morte ou o Barbanza. Unha vez que bailen todos os participantes arricará o concurso.

Outra das citas é a VII Festa da Carballeira Centenaria de San Cibrao de Barcala na Baña que terá lugar este domingo. Unha celebración anual organizada polos veciños do Concello da Baña. Esta carballeira destaca pola súa fermosura e alí daranse cita un xantar popular e distintas actividades para amenizar a xornada. Unha antiga romaría que agora se celebra con tintes máis modernistas.

Sociedade