O partido máis importante do ano

O partido máis importante do ano
30 de Novembro, 2018 - 01:54 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de xogar contra os equipos máis potentes da categoría -Victoria, Betanzos e Galicia de Mugardos- o Cultural Maniños volve "á súa competición". Enfrontaráse ao Orillamar, un conxunto que conta con 14 puntos, os mesmos que o equipo do Pote. O choque pode significar un punto de inflexión, xa que a victoria permitiría afianzarse na zona tranquila da clasificación, pero unha derrota levaría ao Maniños a "coquetear" cos postos de descenso.

Cultural Maniños

Orillamar Maniños. Partido de fútbol da Primeira Galicia. O equipo do Pote xogará no campo grande de Elviña na Coruña.  Pitará o colexiado David Vázquez. En Segunda Galicia o Perlío recibe ao Narahio no campo dos Pinares. Arbitra Christian Pérez. Os dous partidos xoganse o domingo ás catro e cuarto da tarde.

Deportes

Publica o teu comentario agora