O Partido Popular perde a maioría

O Partido Popular perde a maioría

20 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha coalición entre o PSOE e Podemos é o goberno máis probable á luz do resultado das eleccións xerais celebradas hoxe. Pedro Sánchez requeriría ademais da abstención dos deputados nacionalistas cataláns para derrotar á previsible oposición do Partido Popular e Ciudadanos. "O esforzo para constituir en Galicia unha unidade popular acaba de ser refrendado polos cidadáns como un auténtico éxito, e por prime

Co 70% dos resultados escrutados, os dados do Ministerio do Interior indican que o PP (37,8% dos votos) obtén na Galiza 10 parlamentares, fronte aos 15 que conseguira nas eleccións de 2011. O PSOE (21,74%) repetiría os escanos acadados nas anteriores xerais, cando logrou 6. Tamén obtén 6 En Marea (24,32%), mentres que Ciudadanos (8,71%) fica con 1. Nós Candidatura Galega (4,33%) non obtén representación.
Pola Coruña, o PP consegue 3 escanos; o PSOE e En Marea conseguen 2 cada un e Ciudadanos, 1. Por Lugo e por Ourense, o PP obtén 2 escanos, e PSOE e En Marea, 1 cada un. Por Pontevedra, o PP chega a 3 parlamentares, En Marea a 2 e o PSOE a outros 2.
Sociedade