O pasado en Cerdido, Mañón e Vicedo

O pasado en Cerdido, Mañón e Vicedo
22 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Tamara López e Ana Cabana falan este venres sobre “Resistencias e protestas en femenino na Galiza durante o franquismo”. As oito da tarde na Casa da Cultura do Vicedo. No mesmo auditorio, o sábado ás dez da noite recital de Miro Casabella e Andrés Rodriguez. Son as Xornadas Memoria dun tempo, organizadas polo colectivo Nordés.

ESCOITA O PODCAST:

Luis Real, do colectivo Nordés, fala das xornadas "Memoria dun tempo":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/220825REAL.mp3

Martinho Montero Santalha

Luis Real, da organización, fixo un chamamento a familiares das vítimas da ditadura franquista a acudir ao acto de homenaxe ao mediodia do sábado na ponte do Barqueiro para compartir as súas experiencias. Especificamente referiuse ás xentes de Cerdido, Mañón e Vicedo. Real tamén quixo enviar unha forte aperta para toda a xente que loita contra o lume no Bierzo e en amplas comarcas de Lugo e Ourense. 

 

 

Na imaxe, Martinho Montero Santalha, que naceu en Cerdido e lembra que o avó de Carvalho Calero procedía do Barqueiro (Mañón)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora