O paso de Kirk

O paso de Kirk
09 de Outubro, 2024 - 02:42 h. | Publicada por Radio Fene

Sen maiores problemas viviuse Fene o paso dos restos do furacán Kirk, segundo confirmaron en Radio Fene o alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Servizos e Seguridade, Sandra Permui. Mentres, en Galicia producíanse ata o mediodía 565 incidencias, consistentes en problemas de tráfico, algúns asolagamentos e desperfectos en equipamentos público.  O vento acadou ás 9:20h unha velocidade de 181 quilómetros á hora. As máximas precipitacións recolléronse no municipio de Rois, xa levan acumulados 91,1  litros por metro cadrado.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, felicitou aos traballadores municipais e á concelleira de Servizos e Seguridade polo traballo e as medidas tomadas para limitar os danos que puidera ocasionar a forte borrasca que azoutou Galicia nas últimas horas. “Non é traballo dun día, desde o verán estanse facendo limpezas”, apuntou a concelleira. Permui indicou que non houbo problemas maiores dalgunha balsa de auga nalgunha estrada. Durante a noite estableceuse un retén para vixiar a situación. “O río vai xusto”, sinalou a concelleira que destacou a importancia dos traballos de limpeza realizados no curso do río Cádavo nos terreos que comprou recentemente o Concello en Perlío.

No resto de Galicia si causou destrozos Kirk, por fortuna sen danos persoais, como o derrubamento da parede dun pavillón deportivo dun centro educativo de Porto do Son, o desprendemento do falso teito da entrada doutro colexio en Monforte e a caída dunha árbore que impedía o acceso a outro centro de Redondela.  Tamén a caída da cuberta do conservatorio de música e o desprendemento de partes dun edificio na Rúa Preguntoiro, en Santiago de Compostela. Algo semellante ocorreu en Vilagarcía de Arousa ou en Vigo, onde houbo desprendementos de elementos de cubertas e revestimentos. Tamén en Cerdedo-Cotobade e en Mos, senllas persoas que ían circulando co seu vehículo foron sorprendidas por senllas árbores que se lles viñeron enriba. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora