O patriotismo do xantar

O patriotismo do xantar
29 de Maio, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe reflexionamos sobre o xantar, sobre os avances e a evolución do xantar. Sobre o peso da gastronomía no patriotismo.

“Conta Vázquez Montalbán que o único patriotismo do inspector Carvalho era gastronómico. E dí máis. Que se a Guerra dos Trinta Anos non supuxese a hexemonía da cocina francesa en Europa, hoxe en día esta sufriría a hexemonía das cociñas españolas. Entre eleas, a galega”. Leo todo isto nunha páxina do libro “Diccionario irreal para un país imposible” de Xavier Seoane, editado por Xerais en 2020. 

A el sigo referíndome para falar da entreda XANTAR nese diccionario. Di Seoane que a estética tradicional da nosa gastronomía, era “da onda á ola” e “da horta á cazola” e “do monte á fonte” para suliñar a calidade da materia prima e a sabedoría tradicional de pensar, con isto non fai falla moito máis. Recoñece que nese feito podería haber algo de atraso cultural ou falta de refinamento, pero non é menos certo que a certeza do saibo natural non deixa de ser agradable. Pero agora xa é imparable o experimento de ir máis aló a cocina galega da actualidade.

É lóxico que xurda unha procura de novos horizontes e que a cultura dos protagonistas dos laboratorios da nova cocina autóctona aposte tanto pola innovación vangardista como pola continuación do legado tradicional , cando non pola lúcida simbiose entre tradición e modernidade; esa cuadratura do círculo entre a materia prima, a sabedoría tradicional, o selo do autor e as novas poéticas da creación. Pregúntase Xavier Seoane se a cociñaé unha arte, unha alquimia ou unha álxebra. Ou todo xunto na cazola da imaxinación humana?. A cuestión é interesante para reflexionar. Aí vola deixo mentres xantades algo arredor dunha mesa.

 

(Un xantar no Tortoni. Fene)

Cultura

Publica o teu comentario agora