ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O buque patrulleiro Chilreu comeza o seu traballo de apoio á costeira do bonito que desenvolverá ata finais do mes de agosto. O navío, do que é titular a Secretaría Xeral do Mar do Ministerio de Medio Mariño e que está operado pola Armada, desenvolverá labores de protección e control da flota pesqueira que faena en alta mar. Contará a bordo cun inspector de pesca e levará a cabo a coordinació
O Ministerio defende que o Chilreu incorpórase no momento de maior actividade da flota boniteira que coincide coa segunda fase de despregamento de medios de protección, entre os que Medio Mariño inclúe o buque hospital Juan de la Cosa, e tamén o buque polivalente Sebastián de OCampo, fretado pola Xunta, e que colaborará na costeira durante o mes de agosto. Asemade, contarase, de ser necesario, co apoio de medios aéreos, como helicópteros de salvamento.
Fronte a este anuncio, o PPdeG veu denunciando que, dende mediados de xuño, cando a maior parte da flota galega iniciou a costeira do bonito, os tripulantes dos barcos viviron unha situación de “desamparo e desprotección nunca antes vista”. O deputado José Manuel Balseiro afirmaba hai catro días que, contrariamente ao exposto polo Goberno central, o buque hospital do Instituto Social da Mariña non estaba canda os pesqueiros porque marchara ao porto de Santander, a varios días de viaxe do lugar no que se faena, para relevar a súa tripulación.