ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Vilalba foi o centro do Tae Kwon Do lugués, xa que a capital chairega acolleu o primeiro adestramento provincial de iniciación á competición da Federación Galega desta disciplina deportiva. O evento estivo organizada polo club Jansu da vila coa colaboración do Concello.
Así, cerca dun centenar de rapaces e rapazas de todo Lugo xuntáronse no pavillón de deportes para descubrir como é a competición do Tae Kwon Do. Os deportistas contaron como adestrador co técnico da Federación Salvador Fontán, quen apuntou ao finalizar o adestramento que “na provincia de Lugo estase a facer unha boa labor e que nun futuro de seguir esta progresión poderíase contar con bos competidores neste deporte”.