O Pedro Brandaríz máis irreverente

O Pedro Brandaríz máis irreverente

18 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Pedro Brandaríz anuncia para a vindeira fin de semana un dos seus espectáculos máis irreverentes. Chámase Pai noso, Padre nuestro e versa sobre as crenzas católicas, curas, sacerdotes, abades, párrocos e monxas. Os monólogos comezarán na sala The Star de Carral, o sábado 21 de febreiro ás 23,30 horas e o domingo 22 á 1,30.

Coma un superheroe, Pedro non descansa. Para a seguinte fin de semana, en plena xornada de reflexión, achégase á Terra Chá. Actuará o sábado 28, en Cospeito, con Os Sete Magníficos + 1, co espectáculo “Dous Pallasos en Apuros”.

 

Sociedade