ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Empecei a traballar co pandeiro cadrado xa no 2014. Descubrín que en toda Galicia houbo duas grandes escolas de tocadoras, a de Maruxa das Cortellas e a de Concha do Canizo. O curso pasado fixen o mestrado de música hispana na Universidade de Valladolid e como traballo de fin de mestrado elaborei o núcleo deste traballo que veu a luz en forma de libro-disco editado por Central Folque" indica Xulia Feixoo, autora de "Concha do Canizo".
"A familia de Concha era moi cantadeira, ao ter a barriga chea era máis doado cantar e alí tiñan moita terra" afirma Xulia. "O pandeiro cadrado chamábase adufe ata o século dezaoito e en determinadas zonas ainda se chama pandeira á pandeireta". "A música era o pegamento das sociedades tradicionais".
"Escolas de base e asociacións culturais están a transmitir a música e o baile tradicional, aprendendo repertorios e por iso goza de boa saúde". "Concha alterna os golpes coa man dereita e coa man esquerda, fai ritmos moi virtuosos, movendo os dedos con moita rapidez. O seu estilo é delicado e extremadamente virtuoso, pódese comparar co encaixe de Camariñas". Xavier Díaz, Leni Pérez, Xosé Lois Foxo, Miguel Souto, Xisco Feijoo e Guillerme Inacio Costa foron algúns dos compiladores que recolleron a música das Frieiras. "Os traballos de Alan Lomax, Dorothé Schubart e Antón Santamarina son referenciais na música tradicional". "As conversas con Fina, a filla de Concha, -unha muller encantadora que herdou da súa nai a súa alegria e o agarimo pola música- Xavier Díaz e Leni Pérez fixéronme comprender a importancia da figura de Concha no redescubremento da nosa tradición nos anos noventa". "Agora mesmo Guillerme Inacio Costa e máis eu estamos a preparar unha especie de enciclopedia ou diccionario sobre o pandeiro cadrado na Galiza cultural que esperamos que vexa a luz en 2022".
Imaxe de Xulia Feixóo en Radio Redondela. Fotografía de @quinovilas
Publica o teu comentario agora