ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A raia é un peixe cartilaxinoso e romboidal. Din algúns que é un diamante en bruto do mar ao que non se lle presta moita atención. A raia come agachada entre a area e as algas, movendo as barbas que ten xunto da boca, atraendo peixes míudos e pequenos moluscos para comelos.
A carne da raia é branca e preta, pechada nun estoxo de pel dura. Nas costas de Galicia temos varias especies: a cravuda, que é a máis común; e a santiaguesa, con estreliñas no lombo debuxando unha cruz do Apóstolo. Tívose polo peixe máis afrodisíaco, ata o punto de que en Cornualles chegou a prohibirse por decreto que as mulleres a transportasen se non ía envolta e tapada como é debido, pois crían que a súa visión desataba os máis luxuriosos instintos.
Frita, na grella, cocida, guisada en caldeirada ou á galega con allada. É moi apreciada en Portonovo, Raxó e outras vilas da ría de Pontevedra nas datas de amenceres fríos, segundo asegura Fausto Galdo en “Abecedario das mantenzas”.
Publica o teu comentario agora