O perigo das bebidas enerxéticas

O perigo das bebidas enerxéticas
02 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A lei prohibe a venda de bebidas enerxética a menores de idade. Igual que pasa co alcol e o tabaco, mesmo os vapers. O Concello de Fene sensibiliza sobre os riscos das bebidas enerxéticas aos escolares cunha iniciativa que anunciaron a pedagoga municipal, María Xosé Paz, e a educadora social, Cristina Fernández.

ESCOITA O PODCAST:

A maioría dos nenos e nenas consultados descoñecen o elevado contido en azucre ou cafeína das bebidas enerxéticas. So saben delas o que vende a publicidade. Para acabar coa desinformación, a Concellería de Benestar de Fene organiza unhas charlas informativas que impartirán nos centros educativos que impartirán María Xosé Paz e Cristina Fernández. As sesións informativas van dirixidas a alumnado de 5º e 6º de Primaria. Terán lugar nos meses de maio e xuño en distintos centros educativos de Fene e Neda, os dous concellos que teñen un convenio para a execución do plan de prevención de condutas adictivas que conta con financiamento da consellería de Sanidade.

Institucional

Publica o teu comentario agora