O perigo dos criterios economicistas cos medicamentos

O perigo dos criterios economicistas cos medicamentos

20 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Colexio Médico de Pontevedra xa advertiu á Xunta de Galicia hai un ano do perigo de adoptar criterios economicistas á hora de administrar medicamentos. En febreiro do ano pasado, os médicos de Pontevedra dirixiron unha carta ao presidente da Xunta, indicando que a demora na inxestión dos fármacos podía ter consecuencias irreversibles, no caso da hepatite C.

Feijoo calificou de dúbidas, as acusacións de prevaricación polo retraso na expedición de medicamentos para persoas con hepatite C.  “Hai que despexar as dúbidas, sen dúbidas” manifestou Alberto Núñez.  “Ao final da instrucción, o goberno galego pode acabar investigado por prevaricación ou por homicidio” salientou o portavoz de Xuices pola Democracia Luis Villares.

Dous altos cargos da Xunta acudirán a declarar o xoves 28 no Xulgado de Instrucción número tres de Santiago por un presunto delito de prevaricación administrativa en relación co retraso de administración de fármacos a enfermos de hepatite C. A denuncia da fiscalia apunta á existencia de posibles delitos de homicidios por imprudencia grave profisional e prevaricación.

Sociedade