O periodista Félix Jorquera abriu na rede un espazo de opinión e debate

O periodista Félix Jorquera abriu na rede un espazo de opinión e debate

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O periodista radiofónico e promotor do Terra Chá.Xa, Félix Jorquera, inaugurou un blog na rede onde tratará a múltiple actualidade diaria desde una perspectiva persoal. O día a día do ámbito política, social, económico ou cultural será diseccionado pola visión particular do editor. O debate e a reflexión estarán, a partir de agora na dirección http://fmenfm.activo-blog.com/%5

Jorquera pretende que este espazo en internet poida chegar a “integrar a todo un sector crítico da sociedade que pretende cuestionar a realidade diaria, ir mais alá, e xerar unha corrente de opinión separada do oficialismo e o pensamento único”. Outra das intencións do periodista chairego será a participación e multiplicidade de opinións e visións políticas “que contribúan a formar un foro independente que permita enriquecer o pensamento individual e colectivo do noso entorno”.

Sociedade