O Perlío adianta o seu partido ao sábado

O Perlío adianta o seu partido ao sábado

15 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío recibirá ao Meirás mañá sábado, en partido adiantado á primeira eliminatoria da Copa de Ferrol do fútbol afeizoado. O encontro comezará ás cinco da tarde no campo dos Pinares. Espérase unha grande entrada, dado que o Meirás militou na tempada 2008-2009 na Primeira Autonómica e tradicionalmente arrastra un numeroso grupo de seguidores.

Tamén en xornada adiantada dispútanse mañá sábado o encontro entre o Miño e o Valdoviño. Principiará ás seis da tarde no municipal de Miño. Os restantes encontros xogaránse xa na tarde do domingo. O Maniños visita aos Amigos no campo da Gándara desde as seis e media da tarde. O Barallobre recibe ao San Sadurniño, as cinco e media da tarde no campo do Ramo.

 

Por outra banda, segundo comunica a delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, o Ortigueira ven de clasificarse directamente para a eliminatoria de octavos de final, pola retirada do Racing de San Pedro, equipo que lle correspondía nos dezaseisavos de final. O conxunto do Ortegal enfrontaráse o domingo 24 ao vencedor do encontro entre o Barallobre e o San Sadurniño.

 

Deportes