O Perlío colle a cuarta

O Perlío colle a cuarta

20 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha importante victoria logrou o Perlío na súa visita a Mugardos deste sábado. Faltan tres xornadas para o remate da Liga no grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol, e o equipo adestrado por Fernando Alvarez colócase cuarto con 52 puntos.

O partido xogouse na tarde do sábado e rematou cun contundente 1 a 4. Cando o marcador sinalaba empate a un tanto, o Perlío quedouse con 10 homes por expulsión dun xogador. Tiveron que facer o fútbol que lles interesaba pero con moito traballo físico.

 

Pola cuarta posición tamén pelexa o Cultural Maniños. O equipo de Angel Mahía empezou mal a Liga, pero agora endereitou o seu rumbo e queren rematar a competición de cuartos. Esa é a súa motivación para sair a gañar todos os partidos. Onte aproveitáronse do nerviosismo do Galicia de Caranza que está en posicións de descenso. Venceron por 0 a 2.

 

Un gol de Fonso de penalty no minuto 43 da segunda parte deulle os tres puntos ao Barallobre no seu choque contra o Cariño. O tanteo final (2-1) permítelle ao equipo do Ramo situarse séptimo na clasificación con 48 puntos.

Deportes