O Perlío feminino fíxose co derbi

Maniños 2- Perlío 3
09 de Outubro, 2018 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Cristina foi a autora dos tres goles do Perlío que xa é cuarto e que a próxima semana descansa

ESCOITA O PODCAST:

No derbi da Liga feminina de Futbol 8 celebrado o sabado o marcador acabou cun Maniños 2- Perlío 3. Cristina foi a autora dos tres tantos que lle deron a victoria ao equipo dos Pinares. Segundo o técnico, Juanjo Lorenzo, na primeira parte puideron ser maís a tenor das ocasións que tiveron e de levar o peso do encontro. Na segunda parte marcaron os dous goles da vantaxe pero o Maniños respondeu cos seus dous tantos. Un resultado xusto, segundo o adestrator do Perlío que esta semana a vai tomar como recuperación porque o venres é festivo e tocalles descansar na próxima xornada. Así que hoxe entrenan e descansan ata o próximo martes. Juanjo Lorenzo está satisfeito do cuarto posto que ocupan na táboa, tendo en conta as catro xornadas difíciles que acaban de pasar.

Deportes

Publica o teu comentario agora