O Perlío feminino sacou un punto

A saraiba e o frío frustraron unha boa primeira parte do Perlío
30 de Outubro, 2018 - 12:53 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas partes diferentes no Discalzas- Perlío, nun encontro que estivo mediatizado polo empeoramento do tempo.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino da Liga de fútbol 8 empatou co Discalzas. Discalzas 1- Perlío 1. Do Perlío foi a primeira parte na que se meteron no campo das rivais. En contra tiveron a férrea defensa do Discalzas e o mal tempo con saraiba incluída.

O temporal baixou o ritmo do encontro cando mellor estaban xogando as fenesas. "Na segunda parte saíron ateridas de frío" en palabras do técnico do Perlío, Juanjo Lorenzo. Pero casualmente o gol chegou aos cinco minutos da segunda metade. O gol contrario chegou a oito minutos do final, no medio dunha xogada enrevesada.

O Perlío feminino recibe ao San Sadurniño na próxima xornada ligueira. O encontro xogarase o sabado ás 11,30h nos Pinares.

Deportes

Publica o teu comentario agora