O Perlío golea nos Pinares

Perlío 5- O Val B 1
28 de Xaneiro, 2020 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Continúa a boa racha do Perlío feminino que gañou con soltura no último choque. Aínda así os equipos de arriba tampouco fallaron.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío recibiu nos Pinares ao Val B, acabando o encontro co 5-1 no marcador. Marcaron María (2), Noe (2) e Uxía (1). As rapazas do Perlío dominaron o encontro en todo momento, agás durante os dez últimos minutos que foi cando entoru o gol das rivais.

O Perlío fixo o seu fútbol, segundo manifesta o técnico. Tiveron moitísimas oportunidades e o gol encaixado debeuse a un erro e à precipitación, en palabras de Juanjo Lorenzo. O pero do encontro para as xogadoras dos Pinares foi a expulsión de Sabela. Non se sabe a repercusión que pode ter e cantos encontros pode perderse, sendo un puntal como é para o equipo.

O próximo sábado 1 de febreiro disputan a sexta xornada da Liga de futbol-7 feminino contra o Libunca. O encontro xógase às 16:30h no campo da Gándara en Ferrol.

Deportes

Publica o teu comentario agora