O Perlío maquea asimetrias pero perde en Pontedeume (3-2)

O Perlío maquea asimetrias pero perde en Pontedeume (3-2)

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío maqueou na segunda metade as súas múltiples asimetrías, xuntou as liñas e apretou en firme ao Eume Deportivo. Os de Pontedeume non puideron aproveitar nesa fase do partido a súa superioridade numérica.  Pero ao remate venceu o Eume por 3 a 2, unha victoria, uns tres puntos, que lle sirven para arrebatarlle o liderato ao Ortigueira.

Na segunda parte do encontro o Perlío xogou ben 25 minutos e logrou empatar o partido. Fíxose coa victoria o Eume, cun gol de falta aproveitando un despiste visitante. Con todo na primeira parte o partido tivo un claro dominador, segundo Fernando Alvarez.

 


Deportes