O Perlío quere recuperar pegada diante do Victoria

O Perlío quere recuperar pegada diante do Victoria

16 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Na Primeira Autonómica de fútbol, o Perlío recibe este domingo nos Pinares ao Victoria da Coruña. Despois do descanso da Semana Santa, o equipo de Gonzalo Beceiro visitará ao Zas, o colista. Rematará a Liga o 8 de maio na casa, diante do Sporting Sada.

O Perlío non gaña un partido desde o 6 de marzo, cando venceu ao Calo por 1 a 0. Conta na actualidade con 40 puntos, somentes 4 de ventaxa sobre os postos de descenso de categoría. Precisa puntuar para evitar o nerviosismo nas últimas xornadas.

Deportes