O Perla mural fest pecha o círculo

O Perla mural fest pecha o círculo
12 de Agosto, 2024 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Emigrantes de Fene que viaxaban a Latinoamerica a comezos do século XX. Escapaban da pobreza, buscando oportunidades económicas para vivir mellor. Ao chegar a Uruguai, Cuba, Arxentina, Brasil ou Chile dábanse conta da importancia da educación. O que chegaba alá sabendo ler e escribir, facer as contas, podía progresar máis rapidamente. Por iso, reuniron, moeda a moeda, os cartos necesarios para facer en Fene a escola Curros Enriquez de Maniños e Concepción Arenal de Fene. Inauguráronse en 1916. Hoxe 12 de agosto de 2024, féchase o círculo, porque a uns metros da escola Concepción Arenal, de Chamoso, ven un artista procedente de Chile, Cristobal Persona

ESCOITA O PODCAST:

Cristobal Persona fala do seu mural e da súa concepción artística:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/120824PERSONA.mp3

Cristobal Persona en Fene

Ao longo de toda a semana, Cristobal Persona debuxará un mural fronte á escola de Chamoso. Procede de Latinoamerica, do mesmo continente desde o que enviaron os cartos os emigrantes para construír o edificio adicado a Concepción Arenal, situado a escasos metros. Trae a súa mensaxe de arte, cultura e educación. Homes e mulleres libres, homes e mulleres cultos, homes e mulleres con deberes e con dereitos. Os mesmos deberes e dereitos independentemente do lugar do mundo onde nazan. Igual en Galicia que en Chile, en Ucraína que en Palestina, en Estados Unidos ou en Senegal. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora