O Perlio feminino estrea técnico

O equipo empezou con bo pe
21 de Setembro, 2018 - 02:20 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío 3- Cariño 2 xogouse nos Pinares para fachenda da afección. O segundo rival do Perlío é hoxe ás 20:30h o Amistade de Meirás.

ESCOITA O PODCAST:

Acaba de empezar unha nova Liga de futbol 8 feminina. Hoxe falamos co novo adestrador do Perlío feminino, Juanjo Lorenzo Villaverde, que esta tarde afronta a segunda xornada en Santa Mariña do Monte co Amistade de Meirás. Juanjo foi segundo entrenador xunto a Jorge Bello durante catro temporadas. Tras a marcha deste, Juanjo fíxose cargo do equipo que empezou con bo pe o pasado domingo nos Pinares e frente a un oso duro de roer. Cun Perlío 3- Cariño 2 acabou o choque. Do novo equipo, desa boa entrada na Liga e do encontro que afrontan esta tarde en Meirás, falamos con Juanjo Lorenzo.

As Pontes - Cultural Maniños

Na mesma Liga de futbol 8 feminina xoga o Maniños. O equipo imbatido a ultima temporada gañadoras da competición, fallou o sabado pasado precisamente contra o Amistade de Meirás. 0-2 quedou o marcador do campo do Pote. Do equipo actual e dos primeiros resultados da Liga falaremos a vindeira semana co adestrador interino do Maniños, Carlos Gómez. Mañá o equipo viaxa ao Poblado para enfrentarse a As Pontes, ás 17:00 horas.

Deportes

Publica o teu comentario agora