O peso das malas noticias

O peso das malas noticias
09 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O volume de malas noticias nos medios de comunicación é abafador e para moitas persoas ten un impacto psicolóxico moi negativo. O bombardeo constante de noticias que nos conmoven pode producir efectos como tristeza persistente, irritabilidade, medo, ansiedade ou problemas de sono. O psicólogo José Barcia Tuccelli recomenda tomar nós o control da información que recibimos. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“É verdade que pasan cousas moi malas, pero tamén as hai boas”, aínda que non adoitan saír tanto nos medios de comunicación. Hai que estar informados, pero non é necesario un goteo constante de notificacións que nos abraia. ”Silenciemos notificacións, cambiar de canal, apagar o televisión…” son opcións para tomar o control. Nesa toma de control tamén podemos incluír a escolla de en que momento nos informamos. Convén que non sexa nin ao erguerse da cama nin antes de deitarse. E cando nos pesa non poder cambiar esa realidade dura o que podemos facer é actuar no que si podemos facer para mellorar a realidade próxima, coidando de alguén ou facendo voluntariado. Xestos pequenos que axudan a que o mundo sexa mellor.

Sociedade

Publica o teu comentario agora