O pintor inglés con alma galega, Tim Behrens, expón as súas derradeiras creacións

O pintor inglés con alma galega, Tim Behrens, expón as súas derradeiras creacións

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Tim Behrens, o pintor inglés residente en Culleredo (A Coruña) hai un cuarto de século foi noticia mundial por un retrato seu que lle fixo Lucien Freud, o artista inglés máis cotizado, que se converteu na obra máis valorada ao superar os 6 millóns de euros en 2005.  As derradeiras creacións de Tim Behrens expóñense nunca mostra que se inaugura mañán venres 16 de outubro, ás oito e media da tarde, na Sala de expos

Behrens naceu en Londres no 1937. Tras residir en diferentes lugares aterrou en Galicia e decidiu vivir na nosa terra. O pintor só expón en A Coruña, porque cré que os cadros deben amosarse e venderse onde se pintan. Ao artista gostaríalle que a súa estancia en Galicia se reflectira na súa obra, pero n está profundamente arraigado na cultura británica e en concreto na da súa xeración, a chamada Nueva figuración de la Escuela de Londres. Figuración que se caracteriza por captar o inmediato e o concreto, e que se vencella co pop art do Hockney anterior a California.

Aínda que na súa obra non hai a angustia existencial desgarrada de Bacon , nen a morbidez dos persoaxes de Lucian Freud, especie de irmán maior de Behrens e con cuxa obra ten moitos puntos de semellanza, percíbese na súa pintura e sobre todo nos seus autorretratos, unha pinga de angustia. Quizáis a que provoca a irremediable soedade do pintor, aínda que sexa sea tan resplandecente como Tim Behrens, ante o lenzo en branco.

A Mostra de Tim Beherens pódese visitar ata o 14 de novembro. Os horarios de visita son de luns a venres de seis da tarde a nove da noite  e os sábados e domingos  de doce a dúas da tarde e de catro a oito do serán.

Cultura