O Plan Allariz 2020 protagonizará o pleno extraordinario da vila ourensá

O Plan Allariz 2020 protagonizará o pleno extraordinario da vila ourensá

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A partir das sete e media da tarde de mañá venres o Salón de Plenos do Concello acollerá unha nova sesión extraordinaria do pleno municipal. A orde do día comezará coa aprobación do borrador correspondente ás actas da sesión do 10/12/09 e coa ratificación, se procede, do Decreto de formalizaci&oacut

O pleno aprobará, ademais, o prego de bases económico-administrativas dunha nova concesión por 20 anos do servizo de bodegón do Museo do Coiro “Fábrica dos Nogueiras” A valoración dos proxectos presentados centraranse na proposta económica que parta do mínimo esixido de 100.000€, o proxecto de xestión e a xeración de emprego.

O comité de empresa mais os traballadores municipais acordaron o novo convenio colectivo 2010, no que se regulan as súas condicións laborais, que será aprobado o vindeiro venres, xunto co Plan Especial de Protección, rehabilitación e mellora do Núcleo de San Salvador para o seu paso á Xunta de Galicia para a aprobación definitiva.

O sexto punto na orde do día centrará a aprobación do proxecto, convocatoria e prego de bases por procedemento aberto da contratación das obras de construción de pistas deportivas e vestiarios na Cidade Deportiva do Seixo. Cun orzamento de máis de 4.680.000€ esta intervención permitirá rematar as instalacións do Complexo deportivo do Seixo, que xunto co Camping Os Invernadeiros, sumarán máis de 100.000m de terreo deportivo nas marxes do río Arnoia.

A resolución do contrato de execución das obras de pavimentación e alumeado no Parque Empresarial de Chorente coa empresa Casas Novas , S.L. motivada pola declaración de concurso de acredores, evitando así atrasos nos prazos de execución das obras, será outro tema a tratar polo pleno, así como a aprobación dunha nova convocatoria e prego de bases para a contratación destas obras.

O pleno será retransmitido integramente en directo por Radio Allariz (107.2fm), que emite, ademais, a través da páxina web www.allariz.com.

Institucional