ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As empresas de todo o Estado teñen até o 31 de xullo como prazo para regularizar a todos os seus traballadores que non figuren no rexistro da Seguridade Social. O Consello de Ministros aprobou nesta xornada o plan contra a economía somerxida, que no caso do emprego non declarado contempla sancións a partir de 3.000 euros e até un máximo de 10.000.
Trátase dun incremento moi significativo respecto ás multas vixentes, que penalizaban os traballos "en negro" con cantidades de entre 600 e 6.000 euros. Pero a sanción aínda se eleva máis, a partir de 10.000 euros, para aquelas persoas que cobren un salario sen declarar ao tempo que reciben prestacións por desemprego. O Executivo central non manexa estimacións de cantos traballos irregulares poderían aboiar coa ameaza destas multas. O que si advertiu é que non haberá amnistía para aqueles que confesen a trampa no prazo previsto. En ningún caso se lles contabilizará o período non declarado como base para contar con dereitos adquiridos, explicou o ministro de Traballo, Valeriano Gómez.
O líder da Confederación Intersindical Galega, Suso Seixo, manifestou este mediodía o seu escepticismo arredor da decisión do Executivo central, que cualificou de "propagandística". Para o secretario xeral do sindicato o plan contra o emprego mergullado resulta "pouco rigoroso" e non naceu dun debate serio. Como proba, sostén que dentro da actividade declarada tamén existen moitas irregularidades ás que esta iniciativa non lles presta atención.