O pleno de Fene adírese ao manifesto

O pleno de Fene adírese ao manifesto

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene aprobou por maioría a sua adhesión ao manifesto “Galicia ten dereito” na defensa dun sistema financieiro proprio e da fusión das Caixas Galegas para que sexan a forza da economía galega. O pleno reuniuse este mediodia a instancias do BNG para debater e definirde sobre a Lei de Caixas e a fusión das Caixas Galegas. BNG, PP e EU apoiaron o manifesto mentras que o PSOE se abstívo.

O alcalde de Fene, Iván Puentes, alegou que a Lei aprobada polo Parlamento Galego non ataca a raiz do problema e que a fusión das Caixas non é a panacea nin pode darse se os Consellos de Administración de Caixa Galicia e Caixa Nova non queren. Engadiu que a Lei galega xa foi advertida de inconstitucionalidade porque é un intento do PP de asaltar ás Caixas.
 
O voceiro do BNG, Manuel Polo, defendeu que a Lei aprobada no Parlamento defende ás Caixas de ser absorvidas por outras entidades foráneas, promove que as caixas do país sexan instrumentos de dinamización económica e de defensa do aforro dos galegos, que debe revertir no desenvolvemento económico do país.

O voceiro do PP, Gumersindo Galego, suscribiu os argumentos do bloque e advertiu que o PSOE comete un erro histórico. O recurso de inconstitucionalidade, dixo, é unha disculpa para por freo á fusión das Caixas galegas ademais de non existir argumentos xurídicos que o avalen. Apostillou Galego que non van estar equivocados todos os que apoian o manifesto e ter razón os socialistas.

O portavoz de EU, Manuel Sánchez, manifestou o seu acordo cos principios que defende o manifesto e que a fusión sería boa. Engadiu que os tres grandes sindicatos se sumaron a esta iniciativa.

Sociedade