ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coa abstención de toda a oposición que dixo escoñecer o proxecto, aprobou a corporación de Fene o convenio de eficiencia enerxética que levará a cabo con outros concellos da contorna. Pero dous foron os asuntos máis debatidos no pleno ordinario celebrado onte á tarde en Fene, un máis técnico e outro de maior calado político; o nomeamento dun Secretario municipal provisional e a moción presentada polo BNG contra a Refor
O técnico da administración que cubre as tarefas de secretaría colle as vacacións e o goberno local propuxo compartir o secretario con outro concello por un periodo de 20 días. Os grupos da oposición consideran que a retribuición para unha persoa que só vai acudir para firmar é excesiva e propoñían nomear a un funcionario municipal. Ao parecer só un funcionario que hoxe en día desempeña outras tarefas tería a titulación requerida. O PP defendeu que sen secretario non se podería expedir un certificado de empadronamento ou, por exemplo, pagar os salarios aos traballadores municipais. A oposición tachou ao PP de chantaxista. Finalmente a proposta inicial do grupo de goberno prosperou coa abstención do PSOE e o desempate co voto de calidade do alcalde.
A Lei electoral que pretende aplicar o goberno do PP recibiu todos os calificativos posibles por parte dos socialistas, BNG e EU no pleno fenés. A moción nacionalista fala da intencionalidade dos populares de reformar a lei no seu beneficio e afirman que está pensada para salvar o maior número de alcaldías posible. Aproveitar a maioría absoluta para cambiar as leis ao seu favor, é antidemocrático, afirmou o portavoz, Juventino Trigo. Iván Puentes afirmou que un goberno de coalición é máis democrático que o que propoñen os populares. Calificou a iniciativa popular de amoral ao pretender reformar a lei a oito meses dunha convocatoria electoral. A portavoz de EU calificouna de “cacicada pura e dura”. Rocío Bértoa defendeu a reforma da lei electoral porque desta maneira os veciños-as deciden a quen queren como alcalde e engadíu que iso xa o defendeu Zapatero no seu "libro blanco" e que Mariano Rajoy levabao no programa electoral.
No último apartado de rogos e preguntas todos os grupos se interesaron polo xeito en como se cubrirá a praza da bibliotecaria municipal que está de baixa. O grupo socialista propuxo un concurso público fronte á intención do goberno local de contratar unha empresa temporal. Os socialistas interesáronse tamén pola rotura da tubería nas Pías o psado mes de agosto, que sufragará Viaqua, segundo lle responderon, e reclamaron unha campaña máis agresiva contra as ratas.
O BNG propuxo que se suspenda a elección de "Fenés do ano" porque está mal organizado e non se axusta a un regulamento. Os nacionalistas propuxeron aínda soterrar as liñas eléctricas que quedan nas rúas Antonia Montero e Ameneiral de Perlío e arranxar dunha vez o muro e escaleiras da escola de Chamoso. EU preguntou polo estado dos colexios a piques de comezar o novo curso escolar e demandou un planing da organización no campo dos Pinares.
Presencia da Asociación de Amas de casa e consumo familiar.
Unha vez rematado o pleno, tomou a palabra a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Julia Sedes, para amosar o desconcerto desta entidade ao comprobar por sorpresa que o local que é a súa sede dende hai moitos anos vai ser compartido con outras persoas. O cambio de pechadura do portal, sen ser advertidas previamente e a falta de información por parte do goberno local, levounas a protagonizar onte os últimos minutos da sesión.