O pleno de Fene rexeita pagar a suba do lixo

O pleno de Fene rexeita pagar a suba do lixo

09 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene celebróu  o último pleno ordinario do ano dando sentencia da sua oposición á subida do cánon de Sogama polo tratamento do lixo.  Coa abstención do PP aprobouse unha moción conxunta de PSOE. BNG e EU na que se demanda a creación dunha mesa de negociación con Sogama ou que, se non se retira a nova tarifa, que sexa a Xunta quen a asuma sen repercutila nos concellos. De non ser así os veciños

A portavoz do grupo de goberno, Rocío Bértoa, explicou a abstención do grupo popular afirmando que farán o que decida a FEGAMP neste caso, e xustificaba que levar o lixo a Sogama é voluntario para os concellos. 
Xa no apartado de rogos e preguntas, o alcalde anunciou unha xuntanza o mércores dia 11 entre os representasntes da Mancomunidade e e os comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol, para coordenar as accións que se levarán a cabo para reclamar carga de traballo para o sector naval da ría de Ferrol. O portavoz do PSOE, Iván Puentes, pedíulle explicacións a Gumersindo Galego pola "expedición -excursión" realizada a Madrid hai uns dias.

Outra moción do BNG prosperou cos votos da oposición. Pedía o apoio do concello de Fene á causa aberta por unha xuiza arxentina para resarcir ás víctimas do franquismo. Os grupos da oposición reclamaron sensibilidade ao PP nun concello onde no 36 mataron ao alcalde e varios concelleiros da corporación por ser fieis á democracia e resistirse ao golpe de estado.

O concello pagará as subvencións nominativas ás entidades sociais todas xuntas, “unha vez remate o Skracht Fene” do próximio sabado. Así que, segundo declaracións feitas no pleno por Rocío Bértoa, as entidades cobrarán despois do dia 14 deste mes. O BNG manifestou as sua dúbidas sobre a oportunidade do Mercado Medieval nestas datas e o PSOE criticou a colocación dun cadro coa foto do Rei Juan Carlos interrumpindo a instalación que preside o salón de plenos, alusiva á república. Puentes demandou que se buscase outra ubicación máis acaída no salón de plenos. O que se vai colgar nas paredes do consistorio fenés nos próximos días é a Galería de Alcaldes. Segundo anunciou Gumersindo Galego, esta mesma semana cursaránse as invitacións ao acto.

Sociedade