ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes celebrou esta mañá a sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro. Unha sesión que tivo como punto principal a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para aumentar a dotación de solo industrial no municipio, que contou co apoio de todos os grupos.
Trátase, concretamente, da recalificación de terreos na zona de Pardiñas, que pasarían a ser solo urbanizable delimitado de uso industrial, co fin de crear un polígono industrial para grandes empresas de máis de 1 millón de metros cadrados. Tal e como explicou o alcalde, fíxose unha sondaxe de empresas que estarían interesadas en establecerse en dito polígono, unha sondaxe que demostra a necesidade de máis solo industrial no municipio tanto para a instalación destas como doutras empresas e co que se quere facer fincapé na Xunta para que teña en conta esta cuestión.
Tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, “ dende a nosa chegada ao goberno de Ordes estivemos traballando nesta cuestión que vemos de vital importancia para o desenvolvemento do municipio, e a través da que se crearía emprego para os nosos veciños e veciñas, sobre todo tendo en conta o momento que estamos vivindo”.
Dende o goberno local explicaron que esperan que a Xunta traballe coa maior celeridade posible e teña en conta este proxecto de vital importancia para Ordes.