O pleno de Outeiro de Rei reclamará a instancias do BNG a construción de pasos de peóns elevados na N-VI

O pleno de Outeiro de Rei reclamará a instancias do BNG a construción de pasos de peóns elevados na N-VI

30 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Outeiro de Rei instará ás autoridades competentes a construción de dous pasos elevados para peóns en tramos perigosos da N-VI ao seu paso pola vila, tal e como aprobou o pleno do concello celebrado hoxe a instancias dunha dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG. Neste sentido, a corporación acordou non só aprobar a proposta nacionalista, senón engadirlle máis puntos conflitivos do tráfico para os peóns na

Con anterioridade, o BNG presentara tamén unha moción relativa á construción dun paso elevado no cruce da estrada de Constante á de San Martiño, que fora aprobada por unanimidade e xa se dirixira ao departamento dirixido por José Blanco, sen que este considerase oportuno crear esta infraestrutura.

Segundo argumenta o BNG de Outeiro de Rei, o núcleo urbano municipal atópase dividido pola estrada N-VI, deixando a ambos marxes numerosos servizos, como por exemplo, o Centro de Saúde, a farmacia, ou a residencia da terceira idade, que quedan a un lado da calzada, mentres que ao outro están o edificio administrativo do Concello, a escola infantil ou entidades bancarias. Por esta razón, as persoas da vila vense obrigadas a cruzar por este punto a estrada, co conseguinte risco que conleva. Neste sentido, a instalación de pasos a distinto nivel é a solución axeitada e, tal e como sinalou o portavoz do BNG de Outeiro de Rei, Arcadio Lombao, “estas medidas resulta imprescindíbel para que os cidadáns poidan atravesar a N-VI con seguridade”.

Así, o BNG de Outeiro de Rei, ademais da construción de dous pasos a diferente nivel no cruce de San Mariño e no núcleo da vila, reclama na súa moción, que se sinalice o paso para peóns na estrada de Outeiro de Rei a Castro Ribeiras do Lea, á altura da farmacia local, xa que tamén constitúe un lugar de paso habitual de persoas e non conta con ningún tipo de sinalización nin regulación.

Sociedade