O pobo de Ares vólcase na preparación das alfombras do Corpus

O pobo de Ares vólcase na preparación das alfombras do Corpus

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En Ares todo o pobo volcase estes dias na preparación das alfombras florais do Corpus que celebran o próximo domingo 14 de xuño. Os motivos da alfombra deste ano mantéñense en segredo pero trascendeu que un tramo reproducirá motivos mariñeiros.

Dende hai un mes os veciños e veciñas de Ares recollen o verde que é a base ornamental principal das alfombras. O pampillo - flores amarelas- empezará a recollerse nos campos o proximo mércores, segundo o presidente da Asociación Alfombras florais de Ares, Bernardo Díaz. O resto das flores, procedentes de invernadoiros, tamén se incorporan a ultima hora.
Os adornos florais do corpus ocuparán as principais ruas da vila, divididos en seis tramos dende a praza da igrexa ata o paseo marítimo, polas ruas Real e María e Avenida de Mugardos. Coñécese de momento que o primeiro tramo da praza da igrexa levará motivos mariñeiros.  A Asociacion das alfombras Aresanas agarda reclutar máis ou menos o mesmo numero de veciños que en anteriores ocasións, para pasar toda a noite traballando. Miran ao ceo para que nin a choiva nin o vento estrague esa ilusión do pobo.  
 

Sociedade