O pobo galego defendéuse dos franceses morrendo e sen axuda militar

O pobo galego defendéuse dos franceses morrendo e sen axuda militar

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A historia social da Guerra da Independencia en Galicia”, título do libro do que é autor Xosé Ramón Barreiro Fernández, racha con tódolos tópicos que a historiografía contemporánea otorgou a esta guerra de liberación librada entre españois e franceses hai douscentos anos. Fronte a visión ideoloxizada, de preponderancia militar e política, o historiador descóbrenos o protagonismo esencial dun pob

O historiador, profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, amosa nesta publicación unha  rotunda tese en torno deste episodio histórico: quen defendeu a Galicia foi o pobo galego que, organizado baixo un perfecto sistema de alarmas e acaudillado por cregos, frades e fidalgos, dirixiron a guerra contra os franceses.

Na súa presentación en Ferrol, na galería Sargadelos de Ferrol, Barreiro afirmou que o seu estudo non é un “xuizo denigratorio contra os militares”, senón unha clara evidencia, magistralmente documentada, da total ausencia de poder militar en Galicia naquel intre. Este feito, afirmou o escritor, é o que fai que esta guerra tivese características tan singulares, e tan diferentes, das que tivo no resto de España.

Xosé Ramón Barreiro sinalou como verdadeiro símbolo da guerra da independencia galega a “Inmolación de Monforte”, -moi por encima da tan renomeada Batalla de Pontesampaio, a primeira na que houbo participación militar-, na que “morreron nunha tarde máis de 500 galegos loitando sós contra os franceses”.

A máis poderosa arma coa que contou o pobo foi o sistema de alarmas en que estaba organizado. As alarmas, formadas de corpos paramilitares e que operan xa dende o século XVII, estaban compostas dun número reducido de persoas que denden unhas atalayas, estratéxicamente situadas, vixiaban os movementos do enemigo. Os avisos mandábanse a través de sinais de fume durante o día e, cando era noite, a través de lume. A súa eficacia era tal que “os avisos chegaban dende a costa ó interior de Galicia”, relatou o historiador. Pero amáis diso, o sistema estaba operativamente tan perfectamente estructurado que ate contaban coas súas propias ordenanzas.Unha vez recibida a alarma, as campás das igrexas tocaban a “arrebato” e inmediatamente os veciños armábanse para a loita. Esta rede de alarmas foise extendendo por todo o territorio galego ate chegar un momento en que o “odio ós franceses convertíuse na legitimación da vida dos galegos” .

Non esqueceu tampouco o autor, o salientable papel do crego, moitos deles caudillos destas singulares organizacións, e que paradóxicamente “mataban sendo sacerdotes”.

A Historia Social da Guerra da Independencia ofrece tamén un minucioso estudo da prensa galega de 1808 a 1815, como mecanismo xerador de opinión pública. Un conxunto de publicacións, que nacen e morren coa revolución a meirande parte delas, pero que contribuiron en grande medida a un cambio léxico ideolóxico e político

Cultura